Volver página principal

CRÍTICAS

“Este é un espectáculo duro, un espectáculo contundente que fala de reconfigurar unha relación ou de constatar o fracaso e o distanciamento. Aquilo que sentimos seguramente moitas persoas cando recibimos esa estocada irreversible e ferinte da separación, da ruptura das bases nas que creamos unha relación, en base á confianza, en base á todos os valores únicos que significa a estabilidade dunha relación amorosa. De todo iso vai esta posta en escena […] con dous grandes actores, Xosé Manuel Esperante e Teté García que ademáis son parella. […] O propio dramaturgo recomenda que este texto, que é un reto interpretativo, estea construido tamén a partir deses lindeiros entre o real e a ficción, daquilo que nos pode trasladar tamén un intérprete e unha intérprete que son parella. E realmente esta é unha posta en escena que ten ese grande aval que é o traballo interpretativo. […] Potencia interpretativa e unha principal convención escénica que é que eles actúan coma se estivesen sos, pero cunha cámara que esculca os primeiros planos onde as palabras son usadas como unha arma. De feito o espacio escénico é coma un ring de boxeo, como un lugar disposto para a loita dialéctica. Eles utilizan os seus propios nomes, falan do concepto do amor, pero tamén falan de algo máis. Falan das relacións, dos camiños de rosas, dos tópicos da linguaxe, do poder da palabra, desa palabra que nos fire, que resoa logo despois na nosa memoria durante tempo, coma un desgarro. E as palabras de tal calibre coma arma ofensiva crean ese terreo de desequilibrios, de desnortamento, de non saber cara a onde camiñar. […] Diso fala, dese terreo, dese lugar, dese camiño, coma un acto bélico, porque en todo acto bélico sempre hai un ataque e tamén unha defensa. Pero tamén ese tirar para adiante ou ese tamén non saber para onde tirar é precisamente onde nos move este gran espectáculo que é ‘Clausura do amor’. […] Moi recomendable. Unha peza que dura dúas horas pero que en todo momento atrapa á persoa espectadora. […] É un espazo limpo pero atrainte tamén pola proxección. […] O poder do amor, a clausura do amor, como grande traballo interpretativo. Aí temos Cámara Negra con un dos grandes espectáculos. Estreouse en setembro, agardemos que a súa presenza no Festival da Sala Cuarta Pared de Madrid nos devolva a Galicia xirando tamén como merece esta peza.” (ROBERTO PASCUAL. DIARIO CULTURAL. RG)

«Ayer, Miércoles Santo, estuve en la Sala Cuarta Pared a ver una representación singular como fue para mi Clausura do amor, espectáculo en gallego con sobretítulos en castellano. Me impresionó el silencio con que el público acogió los 120 minutos. Creo que ni pestañeamos. Estábamos como absortos ante primero el monólogo del actor que lo bordó con los gestos, con las palabras, con las cadencias, con los silencios. Una hora exacta. Después sin descanso fue respondido por otro monólogo de la actriz, igual de espléndido. Solo dos personajes cara a cara diciéndose las verdades que no queremos escuchar. Si hay un adjetivo que recoja estas dos horas sobrecogedoras es el de ¡admirable, admirable! […] No recuerdo una obra que te invite tanto a integrarte, no a tomar partido.» (FELIX REBOLLO. CANTANDO SOBRE EL ATRIL)

«Un relato dunha ruptura amorosa salvaxe, descarnada, no que dúas persoas combaten corpo a corpo, palabra a palabra. Como un xuízo público ante o que o espectador pode irse posicionando de diferentes maneiras. Para el, a relación fora ficción. Para ela, todo realidade. E é o público o que debe decidir quen conta máis a verdade. Entre discursos crueis, pouco empáticos, sobre todo por parte del. Unha peza moi exixente física e emocionalmente para os actores, Teté García e Xosé M. Esperante, que fan un traballo excelente seguido, ademais, de perto por unhas cámaras, con cuxas imaxes se realiza unha montaxe en directo.» (MONTSE DOPICO. PRAZA.GAL)

PRENSA

Historia de una ruptura en tiempo real (EL PAÍS)

Entrevista a Carlos Álvarez-Ossorio (PRAZA.GAL)

En attendant Rambert (ERREGUETÉ. Revista Galega de Teatro)

Arranca a sétima edición do Galicia Escena PRO con máis de 20 espectáculos (NÓS TELEVISIÓN)

Cámara Negra estrea «Clausura do amor» no Salón Teatro (ERREGUETÉ. Revista Galega de Teatro)

La compañía Cámara Negra estrena en el Salón Teatro en coprodución con el CDG el espectáculo «Clausura do amor» (CULTURA DE GALICIA)

Cámara Negra estrea «Clausura do amor» en coprodución co CDG (CULTURA GALEGA)

Cámara Negra estrea coprodución co Centro Dramático Galego (NÓS DIARIO)

Cámara Negra estrea «Clausura do amor» no Salón Teatro (DIARIO CULTURAL. RG)

«Clausura do amor», cando o teatro dispara palabras (NÓS TELEVISIÓN)

Cámara Negra estrea «Clausura do amor» en Santiago (PROGRAMA ZIGZAG. TVG)

«Clausura do amor» abre el Festival de Teatro Galego (LA REGIÓN)

Comeza no Carballiño unha nova edición do Festival de Teatro Galego Celso Parada (INFORMATIVOS. TVG)

Cuarta Pared celebra ESSENCIA, VI Festival de la Teatralidad (ARTEZ)

Las cinco recomendaciones teatrales de Antonio para enero (HUFFINGTONPOST)

‘Clausura do amor’ en Cuarta Pared (QUE REVIENTEN LOS ARTISTAS)